Saturday 18 de May de 2024

Accidente en Bergondo


Sobre as 13.00 horas produciuse un choque frontal na AC-164, á altura do quilómetro catro, diante da farmacia. Catro persoas resultaron feridas con pronóstico reservado e nestes momentos hai retencións na circulación en ambos os sentidos.
Un equipo de Protección Civil, composto por catro voluntarios e unha ambulancia do 061 atópanse no lugar do sinistro atendendo aos feridos.

Rógase precaución aos condutores que circulen pola estrada autonómica xa que aínda está un dos vehículos implicados no accidente na calzada á espera de que poida ser retirado. O outro vehículo acabou nunha leira tras o impacto.